Onte, 31 de maio de 2025, celebramos as primeiras xornadas de portas abertas do Clube Parapente La Térmica e a participación superou as nosas expectativas.
Pola mañá tocaba charla no Centro Multiusos de Cerdedo na que tratamos os seguintes temas: por que debes voar en parapente, a súa historia e evolución ata hoxe, como funciona un perfil aerodinámico que fai voar a un parapente e a importancia que ten unha boa formación para voar seguro a través dunha progresión que leva tempo e sacrificio.
A mañá finalizou co sorteo dun voo bipraza entre as persoas que asistiron (felicidades á gañadora) e un petisco ao que convidou o noso clube.
Pola tarde deixamos a todas as persoas participantes facer campa (tentar inflar o parapente, levantalo e mantelo enriba da cabeza).
Un especial agradecemento :
Á Federación Aeronáutica Galega polo seu apoio nesta actividade.
A Ayuntamiento de Cerdedo-Codobade y a la comunid de monte por el apoya que nos dan.
A Nancy, que dende a súa visión como pilota, deixou moi claro que unha muller non ten ningunha desvantaxe para voar en parapente.
Á nosa directiva, especialmente ó secretario David, que se encargou da organización.
A todos os membros do clube que prestaron a súa colaboración.
A Elena por facilitarnos as imaxes.
Ó restaurante Pan de Soutelo polas riquísimas empanadas e por regalarnos unha bica exquisita.
Á Comunidade de Montes de Cerdedo pola súa desinteresada colaboración.










Videos y enlaces de las Jornadas:
6 Razones de por qué hacer un curso de parapente
1978 Parapente antes y hoy
Red Bull X-Alps 2023
Aprende el despegue frontal y los errores clásicos en parapente
No Way ! – Jean-Baptiste Chandelier
Touch – Jean-Baptiste Chandelier
Paragliding Magic Moments (World Championship 2023)